D.L.

Non é fácil describirse, tomar nunhas poucas palabras a medida do que un é. É por iso que prefiro deixar que falen por min as cousas que, ao longo dos anos fun facendo.

Quen son?

Polo de agora son un licenciado en filoloxía, escritor e deseñador gráfico nacido no ano 1976. Ante todo pai de dúas fermosas fillas (breaking smartphones since 2012) ás que adoro ver crecer.

Nos últimos tempos, grazas a miña experiencia laboral, desenvolvín certas habilidades na comunicación online con especial relevo na publicidade en redes sociais e buscadores. Todo un campo no que seguimos investigando e mellorando cada día

Velaquí algunhas das cousas que sei facer:

Next

Obra

A literatura pode atoparse en moitos lugares, ás veces tamén nos libros. Así e todo, sabendo que o libro como obxecto é un ben prezado, quero deixar aquí algunhas obras que se poden consultar sen ningún custo máis que o tempo invertido na súa lectura.

Portafolio

En preparación. Entre tanto podes consultar unha pequena mostra aquí:

PORTAFOLIO EN ISSUU